Preséntome

Utopia
@rosaliadiazcreativa

E isto… que vén sendo?

Chameille a isto CRESTOMATÍAS porque dalgunha maneira tería que chamarse.

Certo que co decorrer do tempo converterase, sen dúbida, nunha ANTOLOXÍA dos meus escritos e, daquela, pode que xustifique o seu nome.

Veredes: teño o vicio de escribir, mais tamén teño anos abondo –defeito andaba a voltas con abrir un arquivo  titulado Últimos cadernos– para deixar dunha vez de perseguir premios literarios ou acosar editores.

Fóra vaidade, concordaredes comigo en que non ten sentido ningún que eu non pare de escribir para almacenar logo os meus escritos no frío entripado dun computador ou dun disco duro esterno.

Esta páxina hase converter, xa que logo, nun almacén aberto no que irei depositando todo o que vaia producindo e que considere merecente de ser compartido. Por tal motivo, todo o que aquí se suba –poemas, relatos, novelas, obras de teatro, posibles guións cinematográficos, reflexións varias ou simples divagacións–, todo, pese a estar loxicamente protexido polas normas xerais que rexen a propiedade intelectual, estará asimesmo á libre disposición de quen o queira utilizar para a fin que mellor lle conveña. A única condición que propoño é que mo faga saber e que, cando o empregue, faga constar dalgunha maneira a miña autoría. Digo isto, porque tamén se permitirían adaptacións libres se alguén puidese estar interesado en adaptar algún escrito meu no canto de aterse estritamente á súa literalidade. Para iso puxemos o correo de aí arriba.

Nada máis. Sede benvidos a miña humilde morada virtual e oxalá a nosa posible relación resulte proveitosa para todos.