Portada de Rosalía Díaz

A primeira novela publicada no noso blogue, para o voso libre disfrute.

Nota previa.

Canto debemos saber dos outros, dos que pasan a súa vida ao noso lado? E eles? Canto deben saber eles de nós? Soportariamos as nosas mutuas verdades se se nos ofrecesen diáfanas, enteiras en todos os momentos da nosa traxectoria vital?

Non podo contestar esa pregunta. Pero, agora que A primeira pedra, o relato que vos ofrecemos, queda exposto á vosa indagación, ocórreseme que, talvez, aínda que eu nunca o pensase, esa pregunta estea na base da historia que se conta. Só a pregunta, sen ningunha resposta.

Este relato non pretende ser amable con ninguén. Nin sequera cos seus posibles lectores.

Hai autores que consideran que deben ser benévolos cos seus personaxes, ofrecerlles unha vía de escape, abrirlles un camiño á redención se é redención o que precisan e un desafogo para que ao lector lle quede un indicio de esperanza. Eu non. Os personaxes plántanse aí tal como son e, se eles mesmos non poden salvarse, non vexo por que hei de ser eu quen os salve de nada.

E o lector saberá desculparme -talvez agradecerme, non sei – que non apedre o guiso poñendo azucre onde só pode haber sal.


Podédela descargar en diferentes formatos:

Deixámosvos o enlace a Calibre por se non o tedes. É un programa que vos permite converter o EPUB ou o MOBI, nos formatos que precisedes.